viernes, 24 de julio de 2009

Curiosidades

  • San Xoán é o único santo do que se celebra a súa festividade o día do seu nacemento e non o da súa morte;

  • Hai moitos paralelismos entre a vida de San Xoán e a de Xesús:

a) Ámbolos dous son concebidos dun xeito milagroso, Xesús nace dunha virxe e San Xoán dunha muller (Isabel) que xa non tiña idade para quedar encinta.

b) O nacemento de San Xoán coincide co solsticio de verán e o de Xesús, exactamente seis meses despois, co solsticio de inverno.

As nosas recollidas na rede

Se che interesan os contidos sobre a cultura tradicional galega podes visitar os nosos blogs:

www.asifoi.blogspot.com

www.xogostradicionais.blogspot.com

miércoles, 22 de julio de 2009

As palabras da San Xoán retorneadas

Consisten nunha retahíla que o suxeito debe verbalizar sen trabucarse para protexerse do meigallo.
Segundo a tradición, a un home que transita de noite por un camiño pode aparecerselle o diaño en forma de persoa e para salvarse debe facer un círculo no chan permanecendo no centro do mesmo e dicir as palabras nun suposto diálogo co Maligno:
O DEMO.- Amigo, dime la una.
O HOME.- Amigo tuyo no, amigo de Dios sí; a la una más claro el Sol que la Luna(1).
O DEMO.- Amigo, dime las dos.
O HOME.- Amigo tuyo no, amigo de Dios sí; a las dos las dos tablas de Moisés, a la una más claro el Sol que la Luna.
O DEMO.- Amigo, dime las tres.
O HOME.- Amigo tuyo no, amigo de Dios sí; a las tres los tres Patriarcas; a las dos las dos tablas de Moisés; a la una más claro el Sol que la Luna.
O DEMO.- Amigo, dime las cuatro.
O HOME.- Amigo tuyo no, amigo de Dios sí; a las cuatro los cuatro evangelistas; a las tres los tres Patriarcas; a las dos las dos tablas de Moisés; a la una más claro el Sol que la Luna.
O DEMO.- Amigo, dime las cinco.
O HOME.- Amigo tuyo no, amigo de Dios si; a las cinco las cinco llagas de Cristo; a las cuatro los cuatro evangelistas; a las tres los tres Patriarcas; a las dos las dos tablas de Moisés; a la una más claro el Sol que la Luna.
...
E así sucesivamente ata trece.
O DEMO.- Amigo, dime las trece.
O HOME.- Amigo tuyo no, amigo de Dios sí; a las trece trece rayos de Sol; a las doce los doce Apóstoles; a las once las once Vírgenes; a las diez los Diez Mandamientos; a las nueve los nueve meses; a las ocho las ocho puertas del Paraíso; a las siete los siete coros; a las seis los seis cirios; a las cinco las cinco llagas de Cristo; a las cuatro los cuatro evangelistas; a las tres los tres Patriarcas; a las dos las dos tablas de Moisés; a la un más claro el Sol que la Luna.
E remataba: Creo en Dios padre, creo en Dios Hijo, creo en Dios Espíritu Santo. Amén. ¡Que estoupe o demo maior!
(1) No Concello de O Pino dicían "a la una manda más el Sol que la Luna".

O seguinte fragmento que recollemos incompleto corresponde ó noso parecer a unha oración á hora de deitarse. A súa vinculación coas palabras de San Xoán retorneadas" é evidente:
- A la una, más claro el Sol que la luna;
- A las dos, me acuesto con Dios; a la una, más claro el Sol que la Luna;
- A las tres, vístome do revés; a las dos, me acuesto con Dios; a la una, más claro el Sol que la Luna;
- A las cuatro, me descalzo; alas tres, vístome do revés; a las dos, me acuesto con Dios; a la una, más claro el Sol que la Luna.

Tamén atopamos teferencia ás palabras en xogos tradicionais coma "o carneiro quieto" ou "a la una, dame la mula".

En canto ó círculo protector dos meigallos e feitizos, que aparece frecuentemente na supersticións galegas, non é exclusivo da nosa terra. En Palma de Malllorca na noite do 23 de xuño cada familia coloca na praia unha serie de velas acesas facendo un círculo, métense dentro e cean os alimentos que levaron da casa para ocasión, de maneira íntima e sen misturarse con outras familias.

Refráns e ditos da fala popular relacionados con San Xoán

Os refráns, ditos e expresións refírense tanto ó personaxe evanxélico coma ó sexto mes do ano que na fala popular galega leva o seu nome. Hainos que teñen relación coa meteoroloxía, coa gastronomía, cos labores do campo ou coa supersticións.

Refráns:

  1. Polo San Xoán a sardiña molla o pan. Todos sabemos que nesa época do ano as sardiñas teñen moita graxa e están en comida, de aí o costume relativamente recente de facer sardiñadas o día 23 de xuño.
  2. Maio pardo, Sanxoán claro. Refírese á cor do ceo neses meses.
  3. Ó que salta o lume de San Xoán nono traba cobra nen can. Xa falamos noutra entrada do sentido purificador do lume.

Ditos:

  1. Tras Maio ven Sanxoán. Non é preciso precipitarse tanto e gastar tódalas enerxías porque tempo virá en que as necesitaremos. Os meses de Maio e Sanxoán son tempos de moito traballo para os campesiños galegos.
  2. Cando San Xoán baixe o dedo. Nunca. Esta expresión procede da representación de San Xoán Bautista na iconografía relixiosa, sinalando a Xesús como o Salvador, pero tamén representa ó Eanxelista indicándolle a María o camiño do Calvario. Este é un motivo maís para alimentar na treadición galega a confusión entre ámbolos dous.

martes, 21 de julio de 2009

Supersticións

Abondan as supersticións relacionadas coa festividade San Xoán.
  • Nalgunhas localidades da costa galega non se bañaban no mar ata despois do 24 de xuño, pois, non estando bendecidas as augas, podían ter efectos nocivos para a saúde;

Ritos adivinatorios

Polo San Xoán practicábanse varios ritos adivinatorios, o que describimos a continuación foinos descrito por unha informante de Pontevedra.
As mociñas casadeiras collían catro anacos de papel e escribían en cada un o nome dun mozo, dobrábanos ben dobradiños e guindábanos debaixo da súa cama dicindo:
San Juan Bautista y también Evangelista (1),
por la salud que tienes
y la que Dios te ha dado
dime cuál es el nombre de mi enamorado.
ó día seguinte levantábanse con ansia e miraban os papeis, o que estivera aberto era o que contiña o nome do futuro marido da rapaza.

Outro rito adivinatorio extendido por toda Galicia e practicado igualmente polas mozas casadeiras consistía en partir a cáscara dun ovo e verter o seu contido nun recipiente con auga na noite do 23 de xuño e deixalo repousar ata o día seguinte para, a mañanciña, observalo con detenimento e tratar de vislumbrar algunha forma relacionada coa profesión do futuro marido (un barco, un martelo, etc.).

(1) Na cultura tradicional galega abondan os refráns, ditos e expresións que confunden a ámbolos dous.

A cabra vella

A cabra vella é o nome que reciben as lumaradas que se fan polo San Xoán nos Concellos de Vedra, Teo, Boqueixón, Ames e parte do de Santiago de Compostela, actualmente coñecidas como cacharelas, lumieiras, fogueiras ou lumes de San Xoán (porque na costa norte da provincia da Coruña tamén se facían fogueiras por Difuntos)...
Curiosamente nas parroquias que celebran as súas festas patronais nestas datas a comida típica é a cabra.

As lumaradas facíanse con leña de baixa calidade, táboas inservibles, móbels vellos, teas, etc. , é dicir, os materiais combustibles que xa non se podían aproveitar e que os rapaces recollían, xuntaban e vixiaban nos días anteriores ó 23 de xuño porque os rapaces viciños roubábanllela. Os viciños de cada aldea, rúa ou praza xuntábanse para facelas comunitariamente, mantendo unha gran competitividade coas aldeas ou rúas limítrofes.

Saltaban por riba do lume dicindo:
Salto por riba
do lume de San Xoán
para que non me trabe
cobra nen can.

Nas lumaradas participaban nenos, mozos e vellos que remataban cantando e bailando ó redor delas ó compás da música da gaita ou da pandeireta, das cunchas e outros instrumentos tradicionais.
Nalgunhas localidades tamén facían lumaradas polo San Pedro.

É ben sabido que o lume e o fume en moitas culturas teñen un valor purificador, tanto no plano material como no espiritual; lembremos o botafumeiro da Catedral de Santiago ou os incensarios utilizados en tódolos actos litúrxicos, non só das igrexas cristiás, senón tamén doutros cultos relixiosos.
No plano real, os nosos antepasados descobriron moi pronto que os animais lle teñen medo ó lume, así que podían empregar unha fogueira ou un fachuco aceso para protexerse das alimañas; tamén queimaban os animais mortos por enfermidades (con lume ou con cal viva) e a roupa e enseres persoais dos familiares fallecidos a causa dunha epidemia, así coma a carne de porco que non collía sal.