miércoles, 22 de julio de 2009

Refráns e ditos da fala popular relacionados con San Xoán

Os refráns, ditos e expresións refírense tanto ó personaxe evanxélico coma ó sexto mes do ano que na fala popular galega leva o seu nome. Hainos que teñen relación coa meteoroloxía, coa gastronomía, cos labores do campo ou coa supersticións.

Refráns:

  1. Polo San Xoán a sardiña molla o pan. Todos sabemos que nesa época do ano as sardiñas teñen moita graxa e están en comida, de aí o costume relativamente recente de facer sardiñadas o día 23 de xuño.
  2. Maio pardo, Sanxoán claro. Refírese á cor do ceo neses meses.
  3. Ó que salta o lume de San Xoán nono traba cobra nen can. Xa falamos noutra entrada do sentido purificador do lume.

Ditos:

  1. Tras Maio ven Sanxoán. Non é preciso precipitarse tanto e gastar tódalas enerxías porque tempo virá en que as necesitaremos. Os meses de Maio e Sanxoán son tempos de moito traballo para os campesiños galegos.
  2. Cando San Xoán baixe o dedo. Nunca. Esta expresión procede da representación de San Xoán Bautista na iconografía relixiosa, sinalando a Xesús como o Salvador, pero tamén representa ó Eanxelista indicándolle a María o camiño do Calvario. Este é un motivo maís para alimentar na treadición galega a confusión entre ámbolos dous.

No hay comentarios:

Publicar un comentario